Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns de € para realzar e poñer en valor o Castelo e a súa contorna

- Anuncio -

O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou tamén o convenio de colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta para poñer en marcha un Club da Lamprea

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao novo Plan Director de Sobroso, un documento que marca a folla de ruta para investir 1,5 millóns de euros nos próximos tres anos co obxectivo de enriquecer a experiencia dos visitantes, mellorar e ampliar os servizos e consolidar o castelo de Sobroso e a súa contorna natural como un dos grandes atractivos turísticos da provincia.

Como explicou o presidente da Deputación, Luis López, “trátase dun documento amplo que contempla melloras en todos os eidos”. Desta maneira, haberá unha intervención para renaturalizar e reordenar a contorna natural do castelo con especies autóctonas deseñando zonas diferenciadas, accesibles, sinalizadas e cunha iluminación adaptada; destinadas a especies botánicas, a ocio familiar, a actividades e talleres e á fauna propia deste lugar. Ademais, potenciaranse e deseñaranse catro novas rutas de sendeirismo encamiñadas a poñer en valor o patrimonio arqueolóxico, inmaterial, cultural e histórico de Sobroso. Do mesmo xeito, porase en marcha unha aula de natureza para recibir excursións escolares e de turistas da man de educadores ambientais que divulgarán a riqueza natural deste enclave.

A redacción deste Plan Director é unha das actuacións enmarcadas dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) do Condado-Paradanta “Unha terra entre ríos”, financiado con 1,5 millóns de euros a través dos fondos Next Generation, que ten como finalidade promover o crecemento equilibrado e impulsar a renovación do sector turístico da comarca e orientalo na dinámica do turismo sostible, mellorando tamén a calidade de vida na contorna. A idea é situar ás persoas no centro da estratexia, potenciando a xeración de oportunidades e a participación cidadá e dos visitantes no desenvolvemento dun novo modelo turístico.

Club da Lamprea
Na Xunta de Goberno da Deputación desta semana tamén se aprobou o convenio de colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta para poñer en marcha un Club da Lamprea, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Condado-PAradanta. Cun orzamento máximo de 103.000 €, este club, tal e como explicou o presidente Luis López, permitirá revalorizar a lamprea, a súa cadea de valor e a súa condición como produto destacado nesta comarca pontevedresa. O proxectos desenvolverase nos concellos da Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas