O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez estivo presente este mércores no acto de inauguración do curso escolar 2024-2025, que tivo lugar no IES Valle Inclán de Pontevedra. Un acto encabezado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.