Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa Smart Peme como mostra do apoio da Deputación ao emprendemento na provincia

- Anuncio -

O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por AJE en Poio

A Deputación ten aberto o prazo para participar nos Premios Provinciais á Xuventude, que inclúen unha liña de iniciativa empresarial dotada con 4.000 euros

“Somos unha provincia pequena en extensión pero con grandes emprendedores. O sector empresarial ten na Deputación un socio leal e un apoio sólido”, sostén López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou as máis de 2.000 atencións prestadas a preto de 500 emprendedores e emprendedoras da provincia que tiveron lugar desde o inicio do segundo semestre do 2023 ata o presente ao abeiro do programa provincial de apoio ao emprendemento Smart Peme como mostra do compromiso da Deputación co crecemento empresarial e desenvolvemento económico da provincia. Fíxoo durante a gala de entrega da décimo terceira edición do Premio Xove Empresario e Iniciativa Emprendedora que organizou a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia este xoves no Pazo de Colón en Poio. “O sector empresarial constitúe un motor vital para a nosa economía e o noso emprego. Para a Deputación, a colaboración co sector privado é moito máis ca unha liña estratéxica, é cumprir co noso deber”, afirmou o mandatario provincial, despois de entregar un dos galardóns.

Nunha gala na que participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e se entregaron dous premios e tres accésits, Luis López puxo en valor o traballo de todos os candidatos por “construír unha provincia e unha Galicia máis competitiva”, así como o labor de AJE Galicia por dar visibilidade a estas iniciativas emprendedoras que son “reflexo dunha terra innovadora e atrevida”. Do mesto xeito, o presidente provincial agradeceu ao Concello de Poio, representado polo seu alcalde Ángel Moldes, pola posta a disposición do Pazo de Colón para “celebrar a fortaleza do noso sector empresarial”.

O presidente da Deputación recoñeceu o mérito dos emprendedores, “que poñedes o voso patrimonio, tempo e ideas ao servizo dun ben común”, no desenvolvemento económico da provincia e Galicia. Un motivo que xustifica o apoio do goberno provincial a estes incipientes proxectos empresariais a través de programas como Smart Peme, “un programa integral de acompañamento, asesoramento e cooperación que poñemos á disposición do tecido emprendedor da nosa provincia”, subliñou. Neste sentido, López repasou as cifras deste programa que, desde a súa toma de posesión como presidente da Deputación, rexistrou case 2.200 asistencias a 481 empresas da provincia, organizou 91 obradoiros nos que participaron 1.500 empresarios ou as aceleradoras nas que participaron 29 empresas. Un programa específico que se complementa con outros proxectos como o +Provincia ou o Plan de Infraestruturas Deportivas nos que tamén “participa o tecido empresarial”.

A iniciativa empresarial da mocidade ten premio
Outro aspecto no que o presidente provincial fixo fincapé como mostra do apoio ao emprendemento está relacionada coa convocatoria da oitava edición dos Premios Provinciais á Xuventude que promove a Deputación de Pontevedra. Estes galardóns, que teñen aberto ata o día 26 de abril o prazo de presentación de solicitudes, inclúen unha liña específica centrada na iniciativa empresarial para mozos e mozas de 16 a 35 anos dotada con 4.000 euros. “Estou seguro de que moitos de vós cumprides os requisitos e tedes propostas máis que interesantes, convídovos a participar”, animou o dirixente.

“Somos unha provincia pequena en extensión, pero con grandes emprendedores”, asegurou Luis López poñendo en valor o seu impacto no emprego e no PIB da provincia, así como na súa capacidade de “converter unha idea nunha realidade porque sen empresas, sen traballadores ou sen talento, todo queda simplemente nunha boa intención”.

“O sector empresarial da provincia e AJE ten na Deputación de Pontevedra un socio leal e un apoio sólido”, concluíu o presidente Luis López, reiterando os parabéns a todo o tecido empresarial, ao que anima a “seguir poñendo o voso traballo a servizo de Galicia porque xuntos, podemos seguir convertendo ideas en feitos”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas