Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor avoga por coordinar esforzos entre as deputacións de Ourense e...

Luis Menor avoga por coordinar esforzos entre as deputacións de Ourense e Zamora que “inclinen a balanza dos peregrinos polo Camiño Mozárabe”

- Anuncio -

O presidente provincial lanzou esta proposta en Benavente durante a apertura dun ciclo de conferencias organizado pola UNED de Zamora e Ourense para promocionar o tamén chamado Camiño Meridional

Para Menor, compartir entre Zamora e Ourense ese “factor diferencial” que supón o AVE e unha ruta de peregrinación pon encima da mesa novas oportunidades de cooperación “que creo deberíamos explorar”

A UNED de Ourense e Zamora organizan un ciclo de seis conferencias iniciado esta tarde na Casa da Cultura de Benavente cun relatorio do catedrático ourensán Jesús de Juana

O presidente da Deputación, Luis Menor, avogou hoxe por coordinar esforzos e iniciativas entre as deputacións de Ourense e Zamora que “inclinen a balanza dos peregrinos polo Camiño Mozárabe”, contribuíndo a poñer en valor “unha ruta xacobea que nos une”.

Luis Menor lanzou esta proposta en Benavente durante a súa intervención na apertura dun ciclo de conferencias organizado pola UNED de Zamora e Ourense para promocionar este camiño de peregrinación e que tivo como primeiro relator ao catedrático e historiador ourensán Jesús de Juana. 

Desde as deputacións “valorizamos os nosos territorios, de tal xeito que vertebrar esa posta en valor, ampliando o radio de cooperación, aporta un efecto multiplicador a todos os esforzos e políticas que poñamos en marcha”, engadiu o presidente provincial.

Para Luis Menor, o feito de compartir entre Zamora e Ourense ese “factor diferencial” que supón o AVE e unha ruta de peregrinación como o Camiño Meridional –Camiño Mozárabe ou Vía da Prata- pon encima da mesa novas oportunidades de cooperación na promoción deste camiño, “oportunidades que creo deberíamos explorar”.

Menor aproveitou a ocasión para demostrar o compromiso da Deputación de Ourense co Camiño Mozárabe, explicando a campaña de promoción desenvolvida esta Semana Santa ou as accións que se deseñarán en combinación coa alta velocidade desde a estación da Gudiña, impulsando xa nesta primavera contactos con diferentes asociacións e cos alcaldes dos municipios polos que discorre a Vía da Prata.

Seis conferencias entre Zamora e Ourense

A UNED de Ourense e Zamora organizan o ciclo de seis conferencias iniciado esta tarde na Casa da Cultura de Benavente, en cuxa apertura tamén interviñeron o presidente da Deputación de Zamora, Javier Faúndez; a alcaldesa da localidade, Beatriz Asensio; e o director do centro universitario en Ourense, Jesús Manuel García, en nome tamén do responsable do centro zamorano.

Logo da conferencia de Jesús de Juana titulada La creación de Santiago como punto de peregrinación de la cristiandad occidental, o ciclo terá a súa continuación en Rionegro del Puente, Pobra de Sanabria, Verín, Allariz e Ourense, onde rematará unha iniciativa na que están inscritas 215 persoas procedentes de cinco países: Rusia, Estados Unidos, Francia e Países Baixos, ademais de España con representantes de trece comunidades autónomas.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas os días 24 e 31 e o...

0
As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 24, e o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Concello de Ourense presenta o conxunto de actuacións executadas para a mellora da...

0
A presentación terá lugar esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo Esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo, terá lugar a...

Publicacións Relacionadas