O concello de Nigrán abre o martes a inscrición para unha excursión a Oporto o martes 29 de setembro

Redacción

Está dirixido prioritariamente a persoas empadroadas no municipio maiores de 55 anos e ten un custe de 35 € en concepto de xantar

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para maiores, ofrece unha excursión o martes 29 de setembro a Oporto (Portugal) . Está destinada preferentemente a toda a veciñanza empadroada en Nigrán maior de 55 anos e ten un custe de 35 € por persoa que inclúen guía e xantar a base de carne ou peixe (do transporte faise cargo o Concello). As inscricións serán por rigorosa orde o 15 e 16 de setembro (martes e mércores) de 9:00 a 12:00 no Centro Social de Vilameán (ao carón do Concello) ata cubrir as 100 prazas, podendo anotar cada interesado/a só a outra persoa a maiores (sempre co DNI) e realizándose o pago mediante tarxeta.

Os asistentes a esta excursión , con saída en autobús ás 9:00 desde o Concello e chegada aproximada ás 20:00 horas, coñecerán a cidade de Oporto podendo continuar por libre durante a tarde se asi o desexan ou seguir con visitas guiadas.

Comparte este artigo