Luis Menor explora reforzar a colaboración da Deputación coa Federación de ANPAS “en beneficio da comunidade educativa provincial”

Redacción
Reunión Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación Ourense) coa Asociaicón de ANPAS dos colexios privados e concertados de Ourense, representadas por Mario Fernández (Presidente), Eva Castro Outeiriño (ANPA Colexio Santo Angel) e Susana Pérez Crespo (Consultora de proxectos educativos).

Así o trasladou o presidente provincial, Luis Menor, trala reunión que mantivo hoxe no Pazo Provincial coa directiva desta entidade, encabezada polo seu presidente, Mario Fernández, para coñecer a súa situación actual e as súas necesidades

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Federación de ANPAS de colexios privados e concertados, Mario Fernández; a presidenta da ANPA do colexio “Santo Ángel”, Eva Castro; e a consultora de proxectos educativos, Susana Pérez, para explorar vías de colaboración con estes colectivos “en beneficio da comunidade educativa provincial”, sinalou Menor.

Na xuntanza, analizaron a situación actual e as necesidades das asociacións coas que a Deputación mantén, deste este mandato, unha liña de axudas para apoiar o desenvolvemento de actividades educativas, culturais, deportivas ou de conciliación durante o curso escolar.

Esta convocatoria, que alcanza o terceiro ano, cun importe de 50.000 euros, está dirixida ás asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas de centros educativos da provincia e contribúen “a mellorar a calidade educativa e á dinamización da comunidade escolar”, destacou Menor. 

Comparte este artigo