O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial ás campioas que sitúan de novo ao “atletismo ourensán na elite estatal”
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao equipo feminino Sanysec-Ourense que veñen de protagonizar un campionato extraordinario que as levou a lograr un ascenso histórico á División de Honra. Luis Menor felicitou ás campioas que sitúan de novo ao “atletismo ourensán na élite estatal”.
O presidente da Deputación puxo en valor o “orgullo provincial” ante o fito do Sanysec-Ourense, un equipo que en tan só dous anos pasou da Segunda División ao máis alto do atletismo nacional.
Desde o goberno provincial queren homenaxear o talento, o esforzo e o compromiso destas atletas que devolven “a Ourense á máxima categoría vinte anos despois”, destacou Luis Menor.

