Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese...

Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese factor de competitividade e valor engadido que necesitabamos en Ourense”

- Anuncio -

O presidente da Deputación participou esta tarde na capital do Estado na presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde Corbal e editado pola institución provincial

O AVE “é o milagre que transforma as distancias físicas en tempo” e que pon ao alcance de calquera viaxeiro un territorio “que sorprenderá a quen non o coñeza”, subliñou #Luis Menor

Conde Corbal explicou que a obra “incorpora a mirada e os recordos de nove xornalistas, escritores, ilustradores e profesionais da comunicación con capacidade para expresar literariamente as emocións que lles xera esta terra”

O volume transformarase nun obsequio que recibirán todos os viaxeiros que se suban ao AVE en Chamartín con destino a Ourense o próximo 23 de abril, coincidindo co Día do Libro

O presidente da Deputación de Ourense, #Luis Menor, afirmou esta tarde na Casa de Galicia en Madrid que “o AVE é ese factor de competitividade e valor engadido que necesitabamos en Ourense”, un instrumento ao servizo dunha provincia “que ten a inmensa capacidade de asombrar ao viaxeiro”.

Luis Menor realizou estas declaracións durante a presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde Corbal e editado pola Deputación. Unha obra, agradeceu Menor, na que se promociona Ourense “como a cidade que lles dá a benvida a Galicia, a pouco máis de dúas horas de Madrid”.

O AVE “é o milagre que transforma as distancias físicas en tempo” e que pon ao alcance de calquera viaxeiro un territorio “que sorprenderá a quen non o coñeza”, subliñou o presidente da Deputación, que #ante o salón repleto da Casa de Galicia en Madrid destacou a singularidade termal da provincia, á que se refiren a maior parte dos colaboradores que participan neste libro.

O patrimonio arquitectónico e histórico, a natureza, o enoturismo, a gastronomía e os camiños xacobeos foron algúns dos recursos máis importantes citados por #Luis Menor “nun prólogo da viaxe que me gustaría que fixesen á nosa terra”, convidou os presentes.

Xunto ao director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, o autor do libro, Moncho Conde Corbal, desexou que este traballo “teña continuidade con máis achegas”. O punto de partida desta publicación, desvelou, foi a inquietude por dar a coñecer a cidade e provincia aproveitando a chegada do AVE a Ourense, “como medio para que os habitantes de Madrid poidan visitarnos máis facilmente”.

“Ourense, ”, explicou Conde Corbal, incorpora a mirada e os recordos de nove xornalistas, escritores, ilustradores e profesionais da comunicación “con capacidade para expresar literariamente as emocións que lles xera esta terra”.

Coa colaboración fotográfica de Mani Moretón na cuberta, reconvertida en debuxo, e un marcapáginas coas pontes sobre o río Miño ao seu paso pola capital, o volume transformarase agora nun obsequio que recibirán todos os viaxeiros que se suban ao AVE en Chamartín con destino a Ourense o próximo 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

Publicacións Relacionadas