Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor, nas Xornadas sobre Territorios Rurais Intelixentes: “Se estamos conectados e...

Luis Menor, nas Xornadas sobre Territorios Rurais Intelixentes: “Se estamos conectados e con servizos, seremos competitivos para captar poboación e investimentos”

- Anuncio -

O Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén reuniu a alcaldes e representantes municipais para analizar os retos de futuro do rural a través da dixitalización para incrementar a calidade de vida das persoas

Organizadas pola Deputación de Ourense e a Cátedra de Despoboación e Reto Demográfico de Next Educación, na apertura destas xornadas de formación participaron o presidente provincial, Luis Menor; a conselleira de Medio Rural no seu primeiro acto público, María José Gómez; o alcalde de Toén, Ricardo González; e o comunicador Manuel Campo Vidal, director das xornadas

O Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén encheuse esta mañá de alcaldes e representantes municipais para analizar os retos de futuro do rural ourensán a través das “Xornadas sobre Territorios Rurais Intelixentes”, que organizan a Deputación Provincial de Ourense e a Cátedra de Despoboación e Reto Demográfico de Next Educación.

Tal e como explicou o presidente provincial, Luis Menor, “presumimos das nosas aldeas e do noso medio rural, e estamos a dúas horas e cuarto de Madrid, o cal é unha oportunidade inequívoca para investir e para vivir, fixando poboación”. De aí que as xornadas de Toén están planificadas para “falar de solucións, coa fin de dar os servizos para vivir e traballar no noso rural. Se facemos das nosas aldeas territorios conectados e con servizos, seremos tremendamente competitivos á hora de captar poboación e investimentos”.

Precisamente, pola importancia destas xornadas, Menor transmitiu os seus parabéns aos organizadores e relatores, “que nos falarán das novas oportunidades do mundo rural, da conectividade por satélite, co gran exemplo de Toén, a nova realidade da Telemedicina e a enerxía renovable de autoxeneración, entre outros interesantes temas”.

O comunicador e promotor destas xornadas, Manuel Campo Vidal, agradeceu a sensibilidade do alcalde de Toén e do presidente da Deputación, exemplificando que neste concello teñen internet con satélite, sen necesidade de agardar pola fibra óptica. Un servizo do que na actualidade hai 43 instalacións e do que se benefician tanto familias como empresas. “Un territorio rural podémolo converter en intelixente con conectividade, enerxía de autoprodución e formación, como é o caso deste acto formativo”, explicou.

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, no seu primeiro acto público tralo seu nomeamento, recalcou que “desde a Xunta é esencial valorizar o noso Medio Rural, mellorando a vida dos seus cidadáns, e a tecnoloxía faino posible como amosan estas xornadas en Toén”.

Relacionadas

Deputación e Porto de Vigo exploran novas vías de colaboración conxunta para revitalizar a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse este martes co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, a fin de explorar...

A Deputación avanza nas obras de ensanche e mellora da seguranza viaria na estrada...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, o tramo de 1.200 metros...

A Deputación aprobará este venres unha achega de máis de 176.000 euros para a...

0
O municipio arousán é o Concello máis beneficiado da Provincia do plan provincial para a mellora das instalacións deportivas ao ter asignados un total...

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o apoio da Deputación á vela na presentación do...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa na presentación do Campionato do Mundo...

Luis López amosa a vontade da Deputación por “tender pontes” coas entidades sociais cun...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, explicou os detalles deste novidoso programa a uns cincuenta representantes de colectivos que...

Xosé María Álvarez Cáccamo lerá este venres no Museo o seu poema longo ‘Berta’,...

0
O mesmo día terá lugar a presentación do catálogo ‘Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas’, que acaba de publicar o Museo Cando en...

Publicacións Relacionadas