Luis Menor reivindica o voluntariado de Protección Civil como o mellor reflexo do espírito solidario da veciñanza ourensá

Redacción
XORNADA DE CONVIVENCIA PROTECCIÓN CIVIL O presidente provincial, Luis Menor, participa na X Convivencia de Protección Civil. No Santuario de Os Milagros (Baños de Molgas). Tamén participan Santiago Villanueva (Director Xeral de Emerxencias), Olivier Reboredo (Xefe do servizo da área de emerxencias da Xunta en Ourense), Manuel Fernández Movilla (Alcalde de Baños de Molgas), Manule Pardo Cid (Delegado da xunta en Ourense), e alcaldes de membros de Protección Civil de Ourense.

O presidente provincial participo una inauguración da X Xornada de Convivencia de Protección Civil en Baños de Molgas que reúne a máis de 350 participantes procedentes de 54 agrupacións de toda Galicia

Menor puxo en valor que a provincia de Ourense sitúase á cabeza do voluntariado en Galicia, igualando en número de agrupacións (75) a unha provincia tan poboada como A Coruña e agradeceu o “labor impagable” dos 1.231 voluntarios ourensáns que demostran a cara “máis xenerosa” dun territorio rural e disperso

O presidente da Deputación reafirmou o seu compromiso de seguir investindo en recursos, formación e loxística para as agrupacións de Protección Civil.

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da X xornada de convivencia de agrupacións de voluntarios de Protección Civil que tivo lugar no Santuario da Nosa Señora dos Milagres en Baños de Molgas, onde se deron cita máis de 350 participantes procedentes de 54 agrupacións de toda Galicia.

Esta xuntanza que se consolida como un espazo de encontro, intercambio de experiencias e mellora da coordinación de emerxencias foi inaugurado hoxe polo presidente provincial, o alcalde de Baños de Molgas, Manuel Fernández Movilla; o presidente das AVPC da provincia de Ourense, Clemente Pérez; e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Na súa intervención Luis Menor reivindicou o voluntariado de Protección Civil como o mellor reflexo do espírito solidario da veciñanza ourensá poñendo en valor que a provincia de Ourense sitúase á cabeza do voluntariado en Galicia, igualando en número de agrupacións (75) a unha provincia tan poboada como A Coruña e agradeceu o “labor impagable” dos 1.231 voluntarios ourensáns que demostran a cara “máis xenerosa” dun territorio rural e disperso.

Esta implicación adquire un valor engadido se se ten en conta a particularidade demográfica e xeográfica ourensá, marcada por un territorio extenso, profundamente disperso e cunha poboación envellecida que vive en núcleos rurais illados. “Onde hai unha necesidade no noso rural, alí nace unha agrupación de homes e mulleres dispostos a dar un paso adiante a prol da seguridade do territorio”.

Menor aproveitou a ocasión para poñer en valor o traballo que realizan as 237 Agrupacións de Protección Civil en Galicia con preto de 4.500 voluntarios que son os primeiros en chegar e os que mellor coñecen cada camiño e cada veciño, actuando como un apoio indispensable para os corpos profesionais ante situacións meteorolóxicas adversas ou na organización de eventos. Ademais da súa eficacia técnica, incidiu na súa “proximidade humana” ofrecendo seguridade e acompañamento en situacións nas que as persoas o precisan.

Por todo elo, o presidente da Deputación de Ourense reafirmou o seu compromiso de seguir investindo en recursos, formación e loxística para as agrupacións de Protección Civil. 

Comparte este artigo