HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez dá a benvida a Vigo ao Foro Fundamental, que organiza...

Luisa Sánchez dá a benvida a Vigo ao Foro Fundamental, que organiza talleres e seminarios na sede da Deputación

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, deu este mércores a benvida a Vigo ao Foro Fundamental, que se desenvolverá na cidade olívica durante os días 17 e 18 de setembro. A sede viguesa do ente provincial acolleu pola mañá as primeiras actividades, consistentes en diferentes obradoiros e seminarios sobre debate, marca persoal, liderado e valores.

Luisa Sánchez animou ás persoas participantes a “converter este foro nunha fonte de aprendizaxe laboral e persoal”. Do mesmo xeito, agradeceu á organización que escollese a sede da Deputación para desenvolver as súas actividades, dinamizando así este espazo situado no corazón da cidade. Finalmente, trasladou os seus parabéns á Fundación Mentor como entidade promotora do Foro Fundamental, así como á Fundación Banco Sabadell e o Instituto Aspen como colaboradoras.

Publicacións Relacionadas