A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves na cerimonia de saída do 58º Rallye Recalvi Rías Baixas, que se desenvolverá entre hoxe e o 5 de xullo co apoio da institución provincial organizado pola Escudaría Rías Baixas e a Fundación Recalvi. Luisa Sánchez asistiu á posta en marcha da cuarta proba do Supercampionato de España de Rallyes, na que están a participar 91 equipos que puideron tomar contacto cos afeccionados do motor na sinatura de autógrafos.