Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra O goberno de Luis López reforza no seu primeiro ano á fronte...

O goberno de Luis López reforza no seu primeiro ano á fronte da Deputación os programas de apoio ao sector primario a través de Areeiro e Mouriscade e impulsa actuacións para conservar a contorna natural da provincia

- Anuncio -

Javier Tourís, deputado delegado de Areeiro: “Temos conseguido que centros de investigación de Francia, Portugal e Estados Unidos se teñan fixado en nós para poñer en marcha proxectos conxuntos de interese para o sector primario. Estamos traballando, ademais, para converter a camelia e o TéAreeiro nun emblema da provincia”

Jorge Cubela, deputado de Mouriscade: “En só un ano temos avanzado en canto á calidade xenética dos animais e somos xa a cuarta explotación de España con mellor índice combinado (ICO). Ademais, tamén este ano lanzamos un laboratorio móbil de aspiración de Ovocitos para mellorar o traballo das explotacións gandeiras da provincia”

Marcos Guisasola, deputado de Medio Ambiente e Mar: “Demos un paso máis nas axudas ás cooperativas agrogandeiras e ás confrarías que, por vez primeira e para atender a demanda do sector, poden empregar os recursos da Deputación de Pontevedra para gasto corrente”

O goberno de Luis López reforzou no seu primeiro ano á fronte da Deputación os programas de apoio ao sector primario a través de Areeiro e Mouriscade e impulsou  actuacións para conservar a contorna natural da provincia. As áreas relacionadas co sector primario e o medio natural, en mans dos deputados Javier Tourís (responsable da Estación Fitopatolóxica Areeiro), Jorge Cubela (responsable de Desenvolvemento Rural e da Finca Mouriscade) e Marcos Guisasola (deputado delegado de Medio Ambiente e Mar), teñen conseguido nestes primeiros doce meses de mandato avanzar no seu posicionamento como referentes estatais e internacionais en canto ao sector primario, con novas actuacións e programas para conservar a contorna natural da provincia.

Estación Fitopatolóxica Areeiro

Ao longo deste primeiro ano de goberno traballouse para impulsar internacionalmente a Estación Fitopatolóxica Areeiro, mantendo encontros con centros de investigación de Francia, Portugal e Estados Unidos para poñer en marcha proxectos conxuntos de interese para o sector primario da provincia. Abriuse o centro, que dirixe o deputado provincial Javier Tourís, á cidadanía do conxunto da provincia, a través dun servizo de visitas guiadas, e iniciáronse as obras para rehabilitar e reforzar a estrutura da casona e mellorar o acceso ao laboratorio de fitopatoloxía, onde se está a investir 130.000 euros.

A Estación Fitopatolóxica Areeiro é un centro de referencia cun alto prestixio a nivel nacional e internacional debido ao seu labor no ámbito da sanidade vexetal, na investigación e experimentación sobre cultivos forestais, agrícolas ou ornamentais como a camelia, e tamén na defensa e conservación do patrimonio vexetal da provincia. O centro conta con laboratorios dedicados ao diagnóstico e investigación das pragas e enfermidades dos vexetais, á edafoloxía e a estudos de cultivos.

Neste eido, estase a traballar para impulsar a finca en materia turística, co obxectivo de promover a camelia e a marca TéAreeiro, chegando ao tecido asociativo a través, entre outras iniciativas, de cursos de formación para a elaboración de té de camelia. Prevese tamén dinamizar o recinto a través de concertos e eventos e poñer en marcha o Camelia Fest, da man das áreas de Cultura e Turismo.

Mouriscade

No que respecta á Finca Mouriscade, da que é responsable o deputado provincial Jorge Cubela, tense conseguido en só un ano avances en canto á calidade xenética dos animais da gandeira, froito da compra de embrións procedentes das mellores vacas, tanto a nivel nacional como internacional, principalmente de Estados Unidos e Canadá. Estes avances constátanse na mellora na listaxe das explotacións con mellor índice combinado (ICO) de España, pasando do número 12 do ano pasado ao número 4 que ocupamos na actualidade.

Ademais, tamén este ano púxose en marcha o laboratorio móbil de aspiración transvaxinal de ovocitos, significando unha mellora substancial na calidade do traballo que se está a levar a cabo nas distintas explotacións gandeiras da provincia. E optimizouse a plataforma de venda de embrións producidos en Mouriscade, para que sexa máis áxil e transparente e todos os gandeiros que o desexen teñan a mesma capacidade e accesibilidade á compra.  Tamén este ano aprobouse o acordo regulador do prezo público por prestación do servizo de venda de embrións bovinos de Mouriscade, bonificando aproximadamente o 30% no prezo de venda dos embrións aos gandeiros da provincia.

Nestes primeiros doce meses de goberno de Luis López na Deputación tamén se realizaron subastas de gan a man alzada, abertas a todos os gandeiros, e asinouse un convenio coa Confederación Nacional de Frisona Española para a avaliación xenómica da eficiencia alimentaria e a toma de datos sobre saúde e benestar animal.

Medio Ambiente e Mar

A través da área de Medio Ambiente e Mar, que lidera Marcos Guisasola, impulsáronse liñas de axuda para gastos de funcionamento que garantan a sustentabilidade das actividades pesqueira e masiqueira, así como iniciativas para o mantemento e conservación da contorna agroforestal e a prevención e defensa contra os incendios forestais. Tamén se impulsaron actividades de apoio aos produtores agropecuarios na aplicación da PAC e en materia de prevención de riscos laborais, así como traballou na conservación da biodiversidade a través de proxectos centrados nos hábitats costeiros galaicoportugueses.

Aprobáronse este ano axudas para cooperativas agrogandeiras da provincia cun orzamento de 250.000 euros e para confrarías e agrupacións de mariscadoras polo mesmo importe. Neste último caso, por vez primeira e para atender a demanda do sector, a institución provincial destinará 175.000 euros para que estas entidades poidan afrontar gasto corrente.

Tamén están en marcha os programas “Voando nas Rías Baixas”, con rutas ornitolóxicas por diferentes contornas naturais da provincia, e “+Bosques”, para desfrutar dos “baños de bosque” en diferentes lugares da costa e do interior de Pontevedra. E, de cara aos vindeiros meses, preténdese incrementar o apoio ao sector primario así como as actuacións encamiñadas á divulgación ambiental para conseguir unha provincia máis sostible.

Relacionadas

Primeiro ano de goberno: Luis Menor pon en valor o novo modelo de financiamento...

0
Para o presidente da Deputación, o balance demostra “que somos coherentes e consecuentes” coa folla de ruta marcada ao comezo do mandato Asegurou sentirse orgulloso...

Cubertas todas as prazas da XI edición do curso de actividades auxiliares de agricultura...

0
O Inorde e Cáritas poñen en marcha, coa colaboración nesta ocasión da Fundación Inditex, a XI edición do curso en técnicas básicas e operacións...

O Comité político-técnico do transporte metropolitano convida aos Concellos de Esgos e Nogueira de...

0
O Comité político-técnico para desbloquear a situación do transporte metropolitano en Ourense activado pola Deputación convidou aos Concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín...

A Xunta de Goberno destina máis de 663.000 euros a axudas sociais e deporte...

0
Aprobouse a resolución de tres concursos para a concesión de axudas a deportistas, proxectos sociais e de igualdade, para os que se habilitan 338.038...

O alcalde e membros do comité organizador presentan a terceira Andaina Concello de Campo...

0
Celebrarase o 22 de setembro e realizarase sobre tres percorridos: un de 24 kms., outro de 14 kms. e un pequeño de 8 kms. Por...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na inauguración da exposición “Pontevedra no tempo”

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou hoxe na sede Afundación de Pontevedra no acto...

Publicacións Relacionadas