O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á terceira xornada Triple Hélice organizada polo Foro Empresa Pontevedra

adminON
Lectura mínima de 1

O vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á terceira xornada Triple Hélice do Foro Empresa Pontevedra, que levou por título “Perspectivas económicas 2024”. No acto, que tivo lugar no Liceo Casino de Pontevedra, interviñeron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago; a directora territorial do Banco Santander, Rocío Pazos, e o economista xefe do Grupo Santander, Juan Cerruti. Todos eles expuxeron a súa visión e reflexións sobre os datos e tendencias clave do panorama económico actual e futuro.

Comparte este artigo