O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este xoves no Hotel Galicia Palace de Pontevedra ao almorzo organizado por Foro Empresa Pontevedra que abordou novidades normativas sobre Sistemas Informáticos de Facturación (SIF) e como estas afectan as empresas. O almorzo contou co CEO e CTO de SRG Tech Consulting, José Alfonso Méndez Cerviño, como convidado. Durante o seu transcurso, o empresario informou sobre os programas Verifactu e Facturae e aclarou as diferenzas entre o Real Decreto que regula Verifactu, así como o proxecto para a Factura Electrónica B2B, entre outros.