Ana González Abelleira acusa ao Goberno de Candia de “intentar apropiarse” dos avances en persoal deixados preparados polo anterior executivo

Redacción

A edil socialista lembra que existía unha folla de ruta marcada desde a anteiros  área de Recursos internos para executar a OEP, impulsar a promoción interna e desenvolver a carreira profesional entre outros asuntos.

González Abelleira critica que o actual Goberno “venda como propios” procesos que xa estaban planificados e encamiñados polo executivo anterior que non son unha xestión do actual goberno.

“Esta mesma semana vimos como o actual Executivo intentaba presentar como mérito propio cuestións que xa estaban previstas e encamiñadas polo anterior Goberno. No caso da Policía Local e dos Bombeiros, o único que fixeron foi rubricar o traballo que outros deixaron preparado”, sinalou.

A concelleira socialista Ana González Abelleira acusou hoxe ao Goberno de Elena Candia de “intentar apropiarse politicamente” dos avances en materia de persoal impulsados polo anterior executivo municipal e instouna a “abandonar a propaganda e cumprir cun cronograma claro de traballo” para alcanzar os obxectivos marcados polo ben da administración local.

González Abelleira explicou que o anterior Goberno deixou definida a comezos deste ano unha folla de ruta elaborada de maneira conxunta cos técnicos municipais, na que se establecían as prioridades da política de persoal para 2026. “Non estamos ante anuncios improvisados nin ante decisións do actual Goberno. Falamos dun documento serio, traballado e consensuado, que deixaba perfectamente marcadas as liñas de actuación para reforzar os servizos municipais”, afirmou.

A edil socialista lembrou que este marco de planificación contemplaba a execución da Oferta de Emprego Público de 2025, os procesos de acceso libre e promoción interna, a provisión de postos de traballo e listas de contratación, así como o desenvolvemento da carreira profesional do persoal funcionario.

Segundo explicou, a liña de traballo plasmada en colaboración co coordinador de persoal recollí expresamente que durante o ano 2026 se procedería á execución da OEP, en función das necesidades organizativas e da dispoñibilidade material, establecendo ademais unha orde de prioridades que debía ser acordada na Mesa Xeral de Negociación que non se poido celbrar pola moción de censura.

Neste sentido, González Abelleira criticou que o Goberno de Candia “pretenda colgarse medallas alleas” con cuestións como o reforzo da Policía Local ou do Servizo de Extinción de Incendios. “Esta mesma semana vimos como o actual Executivo intentaba presentar como mérito propio cuestións que xa estaban previstas e encamiñadas polo anterior Goberno. No caso da Policía Local e dos Bombeiros, o único que fixeron foi rubricar o traballo que outros deixaron preparado”, sinalou.

A concelleira destacou que entre as prioridades fixadas figuraban tamén os Servizos Sociais, o persoal técnico dos subgrupos A1 e A2, a administración xeral e os oficios e servizos operativos, sempre baixo criterios técnicos e organizativos consensuados.

Do mesmo xeito, lembrou que a promoción interna constituía “un eixo prioritario” da política de persoal para 2026 e que o documento xa contemplaba a posibilidade de desenvolver os procesos de maneira simultánea ou independente respecto do acceso libre, segundo os acordos da Mesa Xeral.

En relación coa carreira profesional, González Abelleira destacou que o anterior executivo deixara prevista a apertura dunha negociación específica durante o primeiro trimestre de 2026, incluíndo distintas opcións de implantación e a creación dunha comisión específica para abordar este proceso.

“Había planificación, había diálogo e había unha estratexia clara para modernizar e fortalecer a administración municipal. O que lle pedimos agora ao Goberno de Candia é que deixe de perder o tempo en operacións de márketing político e se dedique a executar con rigor o traballo que xa estaba iniciado”, concluíu.

A edil socialista tamén lembrou que a folla de ruta incluía a revisión, actualización e creación de listas de contratación ao longo de 2026, traballo que xa quesou reailzado e que se  coordinou cos procesos selectivos e garantindo sempre os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e transparencia.

Comparte este artigo