• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira.
• Nos próximos días anunciaranse o resto dos concertos.
Fillas de Cassandra é a primeira confirmación da programación de concertos da VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz, que se celebrará o domingo 2 de xuño no Campo da Feira.
As viguesas María Pérez e Sara Faro formaron o dúo no ano 2022 e, coa bandeira da música tradicional galega fusionada co pop electrónico e sempre desde unha perspectiva feminista, convertéronse nun dos nomes de referencia do panorama musical galego actual.
Así, Fillas de Cassandra será un dos pratos fortes da programación de concertos, que se continuará desvelando nos próximos días.