O portavoz socialista considera “un lastre para a cidade” a saída de Hipólito Pérez da dirección de Urbanismo e advirte do impacto sobre o acceso a vivenda e os proxectos estratéxicos vinculados aos Fonfos europeos como Novo Norte.
Fernández acusa ao PP de “substituír perfís técnicos de prestixio por decisións políticas que só intentan satiafacer vontades” sería un erro histórico.
O portavoz socialista foi especialmente duro coa posibilidade de substituír perfís técnicos por designacións de carácter político. “Cambiar a un profesional de prestixio e experiencia como Hipólito Pérez por un perfil político sería profundamente prexudicial para o futuro de Lugo”, asegurou.
- O portavoz socialista considera “un lastre para a cidade” a saída de Hipólito Pérez da dirección de Urbanismo e advirte do impacto sobre o acceso a vivenda e os proxectos estratéxicos vinculados aos Fonfos europeos como Novo Norte.
- Fernández acusa ao PP de “substituír perfís técnicos de prestixio por decisións políticas que só intentan satiafacer vontades” sería un erro histórico.
O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, advertiu hoxe de que Lugo “corre un serio risco de retroceso” en materia urbanística tras os cambios impulsados polo Goberno de Candia na estrutura municipal, especialmente pola saída de Hipólito Pérez da dirección de Urbanismo.
Fernández Méndez cualificou esta decisión como “un lastre” para a planificación da cidade e para un sector que considera “capital tanto para o desenvolvemento económico de Lugo como para garantir o acceso da cidadanía a unha vivenda digna”.
“O urbanismo non pode converterse nun espazo de intercambio político nin nunha ferramenta para pagar favores tras a moción de censura. Lugo necesita estabilidade, rigor técnico e profesionais solventes á fronte dunha área estratéxica”, afirmou.
Neste sentido, o portavoz socialista puxo en valor o traballo desenvolvido durante o anterior mandato, no que, lembrou, se incrementou o número de licenzas concedidas e se marcou como prioridade a axilización dos tempos de tramitación, un obxectivo que considera “cumprido grazas ao excelente traballo coordinado do equipo dirixido por Jorge Bustos”.
“Conseguimos modernizar a xestión urbanística, reducir tempos administrativos e xerar un contexto máis favorable para a actividade económica e a promoción de vivenda con solo en desenvolvemento tanto polo leste, como o oeste norte e sur da nosa trama urbana”, destacou.
Miguel Fernández advertiu ademais de que proxectos estratéxicos impulsados polo anterior Goberno, como o Plan Municipal de Vivenda, “quedan seriamente ameazados” polo novo rumbo urbanístico do Executivo local. “Mentres nós traballabamos para planificar o crecemento da cidade e facilitar o acceso á vivenda, o Goberno de Candia parece máis preocupado estes días en reorganizar cargos e repartir postos no organigrama municipal”, criticou.
O portavoz socialista foi especialmente duro coa posibilidade de substituír perfís técnicos por designacións de carácter político. “Cambiar a un profesional de prestixio e experiencia como Hipólito Pérez por un perfil político sería profundamente prexudicial para o futuro de Lugo”, asegurou.
Fernández Méndez destacou tamén a importancia da coordinación entre Urbanismo e o resto de áreas implicadas na captación e execución de fondos europeos, algo que considera “fundamental” para sacar adiante proxectos de transformación urbana impulsados durante o anterior mandato, como Novo Norte.
“Se o modelo urbanístico do PP pasa por abandonar os perfís técnicos para apostar polonpaho de vontades, está en risco todo o proxecto de renovación da zona norte da cidade. E iso non o imos permitir baixo ningún concepto. A esta recia Novo Norte debe ser respectada e cumplir o obxectivo para que a diseñamos”, advertiu.
O líder socialista insistiu en que Lugo precisa unha planificación urbanística “estable, seria e profesional”, afastada da improvisación e dos intereses partidistas, por iso insta a Candia a seguir con aliña de traballo establecida polo anterior Goberno. “Estamos falando do futuro da cidade, da creación de oportunidades económicas, da chegada de investimentos e do dereito da veciñanza a acceder a unha vivenda e impidri que a especulaci´´on dispare ainda máis os prezos. Non se pode xogar con algo tan importante por intereses internos do Partido Popular”, concluíu.

