O lider socilaista acompañado polo que foi edil de Urbanismo ata a moción de censura, Jorge Bustos, reclama ao Goberno local que execute a folla de ruta elaborada polo anterior Executivo para ampliar a oferta residencial e facilitar o acceso á vivenda.
O voceiro sinala que existen máis de 2.000 persoas demandantes de vivenda inscritas nos rexistros autonómicos e que os 10.732 inmobles baleiros evidencian a necesidade de actuar sobre o parque residencial existente ao tempo que estes datos constatan que as medidas cosméticas anunciadas por Candia son insuficientes.
A Bolsa Municipal de Alugueiro Accesible, os incentivos á rehabilitación, a mobilización de vivendas desocupadas e o impulso da vivenda protexida xunto co coto as viviendas de uso turístico son os eixes dunha proposta que combina solucións inmediatas e planificación a longo prazo.
O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, acompañado polo concelleiro Jorge Bustos, instou esta mañá ao Goberno de Elena Candia a que non deixe paralizado o Plan Municipal de Vivenda elaborado polo anterior Goberno socialista e proceda a executalo de inmediato, poñendo en marcha as medidas previstas para ampliar a oferta de inmobles dispoñibles, facilitar o acceso ao alugueiro e incrementar a vivenda protexida. “ desde a nosa acción de Goberno vimos detectando un problema sobre o que é fundamentala ctuar e actual goberno perdeu medio ano valiosísimo para avanzar nesta materia”, apuntou.
Fernández advertiu de que o acceso á vivenda se converteu nunha das principais preocupacións da cidadanía e nun obstáculo para moitas persoas que queren emanciparse, formar unha familia ou continuar vivindo no seu barrio. Neste contexto, lembrou que Lugo conta con máis de 2.000 persoas demandantes de vivenda inscritas nos rexistros autonómicos e con 10.732 inmobles baleiros, unha realidade que, ao seu xuízo, obriga a actuar con planificación e a aproveitar todos os recursos dispoñibles.
“Non podemos resignarnos a que vivir en Lugo se converta nun luxo ou a que a xente nova teña que marchar porque non atopa unha vivenda que poida pagar. Falamos de persoas, de familias e de proxectos de vida. E o Concello ten ferramentas para axudar a cambiar esta realidade”, afirmou o portavoz socialista.
Miguel Fernández subliñou que o plan elaborado polo anterior Executivo parte dunha análise integral do problema e non se limita a propoñer a construción de novas vivendas. A súa aplicación combina catros grandes liñas de actuación: mobilizar os inmobles baleiros, recuperar mediante a rehabilitación vivendas que non están en condicións de uso e incrementar a dispoñibilidade de vivenda protexida e poñer coto ás viviendas de uso turístico. Para os socialistas, a prioridade debe ser transformar estas propostas en medidas efectivas, con obxectivos verificables e un calendario de execución.
Unha das iniciativas centrais é a creación dunha Bolsa Municipal de Alugueiro Accesible, que permita poñer en contacto os propietarios que non incorporan as súas vivendas ao mercado por falta de garantías coas persoas que necesitan alugar a prezos razoables. O Concello actuaría como intermediario, ofrecendo acompañamento e unha xestión profesionalizada, así como mecanismos de protección fronte a posibles incidencias, nas condicións que se establezan no programa.
“Temos que ofrecer seguridade a quen ten unha vivenda e quere alugala, pero tamén garantir que ese esforzo se traduza nunha oportunidade real para quen busca casa. A nosa proposta é que o propietario teña confianza e que o inquilino poida acceder a unha renda asumible. Non se trata de enfrontar propietarios e inquilinos, senón de conectar as necesidades de uns e doutros para que haxa máis vivendas dispoñibles aportando certezas seguridade ás persoas propietarias e ás inquilinas”, explicou Fernández.
Pola súa banda, Jorge Bustos incidiu na necesidade de acompañar esta bolsa con incentivos á rehabilitación, bonificacións fiscais para os propietarios que incorporen os seus inmobles ao alugueiro accesible e medidas para favorecer a recuperación do parque residencial. O plan tamén contempla utilizar, dentro dos límites legais, a fiscalidade para incentivar a posta en uso das vivendas desocupadas inxustificadamente, así como ordenar e controlar as vivendas de uso turístico cando poidan afectar á dispoñibilidade residencial.
“Lugo non pode permitirse ter miles de inmobles baleiros mentres hai persoas que non atopan unha vivenda. Temos que recuperar o que xa existe, facilitar as reformas necesarias e eliminar os obstáculos que impiden que esas casas volvan estar habitadas”, sinalou Bustos. O concelleiro engadiu que as axudas públicas á rehabilitación deben contribuír non só a conservar os edificios e mellorar a súa accesibilidade e eficiencia enerxética, senón tamén a recuperar vivendas para o uso residencial.
Bustos calificou de “engano a cidadanía” o negacionismo do Goberno de Candia que non ten ningún interese en aplicar o Plan e ademáis oculta as medidas tomadas polo anterior Goberno para avanzar nas solucións plantexadas como a aprobación da Ordenanza de Rehabilitación rubicada en decembro de 2025, a proposta para a rebaixa do IBI firmada en febreiro de este ano e as bases para a bolsa de aluguer que se asinaron polo Directo xereal de Urbanimos e o propio edil o 31 de marzo deste ano, tres semanas antes de que se presentara a moción de censura.
Os socialistas defenderon, ademais, que o Concello debe poñer o solo municipal adecuado ao servizo da vivenda protexida, en colaboración coas administracións competentes e mediante os instrumentos legalmente previstos. Consideran que esta planificación é imprescindible para atender tanto as necesidades actuais como as futuras, evitando que o crecemento da cidade se desligue da capacidade económica das persoas que queren vivir nela.
Fernández reclamou finalmente ao Goberno local que non deixe o documento sen desenvolver e explique que pasos concretos vai dar para executar o plan. “Non imos prometer que un problema tan complexo se resolve dun día para outro, pero si podemos actuar desde hoxe, priorizar as medidas que poden ofrecer resultados antes e avaliar o que funciona. O que non podemos permitir é que quede paralizado un plan que ofrece unha folla de ruta para mobilizar vivendas, facilitar alugueiros e planificar novas promocións e que se substitua por medidas cosméticas”, afirmou.
“Queremos unha Lugo na que a mocidade poida quedar, na que as familias poidan desenvolver o seu proxecto de vida e na que os propietarios teñan garantías para ofrecer as súas vivendas. Temos propostas concretas e unha dirección clara: menos vivendas baleiras, máis alugueiro accesible e máis vivenda protexida. Agora o Goberno local ten que pasar dos anuncios aos feitos”, concluíu o portavoz socialista.

