O portavoz socialista anuncia que levará ao próximo pleno unha unha solución realista para as parroquias sen rede de saneamento mentres continúa a extensión progresiva desta infraestrutura
A iniciativa permitiría coordinar a recollida baixo demanda e garantir o tratamento adecuado dos residuos, evitando vertidos contaminantes e facilitando un servizo esencial á veciñanza
“Non imos facer promesas imposibles. O rural necesita solucións útiles hoxe sen renunciar á planificación do saneamento para os próximos anos”, afirma Fernández
O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, anunciou hoxe unha proposta para crear un servizo municipal de baleirado de fosas sépticas baixo demanda destinado ás parroquias do municipio que aínda carecen de rede de saneamento, unha medida coa que pretende ofrecer unha resposta eficaz ás necesidades actuais do rural mentres continúa a extensión progresiva desta infraestrutura básica. O voceiro adiantou que defenderá proposta no próximo pleno ordinario do mes de septembro.
- O portavoz socialista anuncia que levará ao próximo pleno unha unha solución realista para as parroquias sen rede de saneamento mentres continúa a extensión progresiva desta infraestrutura
- A iniciativa permitiría coordinar a recollida baixo demanda e garantir o tratamento adecuado dos residuos, evitando vertidos contaminantes e facilitando un servizo esencial á veciñanza
- “Non imos facer promesas imposibles. O rural necesita solucións útiles hoxe sen renunciar á planificación do saneamento para os próximos anos”, afirma Fernández
Fernández lembrou que Lugo conta cun dos termos municipais máis extensos de Galicia e cun elevado número de núcleos dispersos, unha realidade que fai imposible executar de maneira inmediata unha rede integral de saneamento en todo o territorio.
“A extensión do saneamento debe realizarse con planificación, conectando progresivamente as distintas redes e priorizando as actuacións segundo criterios técnicos. Estamos a falar dun investimento que marcará a planificación municipal das próximas décadas e sería irresponsable prometer solucións inmediatas que non son viables”, explicou.
Por iso, o portavoz socialista considera necesario complementar esa planificación a longo prazo con medidas que dean resposta aos problemas que xa existen no día a día da veciñanza.
A proposta socialista pasa pola creación dun servizo municipal organizado mediante o cal os propietarios de vivendas con fosas sépticas poidan solicitar o seu baleirado a través do Concello. A administración local programaría periodicamente as recollidas, que serían realizadas mediante vehículos cisterna da empresa responsable do servizo, trasladando posteriormente os residuos a EDER, que se trata dunha isntalción punteira anivel nacional e cuxas instalaciónsestán habilitadas para o seu correcto tratamento conforme á normativa ambiental.
“O obxectivo é facilitar un servizo útil á cidadanía, garantir unha correcta xestión ambiental destes residuos e evitar vertidos incontrolados que poden afectar ao solo, aos acuíferos e aos cursos fluviais”, sinalou.
Miguel Fernández destacou que esta iniciativa permitiría ademais optimizar os recursos públicos xa existentes, coordinando a prestación do servizo coa infraestrutura de depuración dispoñible e cos sistemas autorizados para o tratamento destes residuos.
“O Concello debe actuar como facilitador. Hai moitas familias que necesitan este servizo e que hoxe teñen dificultades para acceder a el en condicións adecuadas. Podemos organizar un sistema máis eficiente, máis accesible e con todas as garantías ambientais regulado a través dun prezo público accesible a todas as economías”, indicou.
O portavoz socialista insistiu en que esta proposta non substitúe o compromiso coa ampliación da rede de saneamento, senón que a complementa.
“Seguiremos defendendo que o saneamento continúe chegando progresivamente ás parroquias porque esa é a solución definitiva. Pero mentres ese proceso avanza, temos a obriga de ofrecer alternativas útiles aos veciños e veciñas. Gobernar tamén consiste en resolver os problemas do presente con realismo e sentido común”, afirmou.
Fernández contrapuxo este modelo de xestión “baseado na planificación e nas solucións viables” ás promesas que xeran falsas expectativas. “Os veciños do rural non necesitan titulares nin anuncios imposibles. Necesitan respostas, servizos públicos eficaces e un Concello que coñeza a realidade das parroquias e traballe para mellorala”, concluíu.

