O alcalde recibe o sénior mixto do Ximnasia Pavillón, campión de España, que competirá no Trofeo da IFAGG en Osaka
Ourense, 17 de setembro de 2026
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e a concelleira de Transporte Público, Ana Fernández, recibiron esta mañá no salón de plenos o equipo sénior mixto de ximnasia estética do Club Ximnasia Pavillón Ourense.
O conxunto ourensán proclamouse este verán campión de España por segundo ano consecutivo e foi seleccionado pola federación española para participar no Trofeo IFAGG, unha das competicións internacionais máis importantes desta modalidade deportiva, organizado pola Federación Internacional de Ximnasia Estética de Grupo, IFAGG. A cita terá lugar no mes de novembro na cidade xaponesa de Osaka.
Gonzalo Jácome felicitou o equipo ourensán polo seu excelente resultado e desexoulle éxito na súa participación nesta prestixiosa cita internacional e na nova temporada que agora comeza. Os e as ximnastas acudiron ao Concello acompañados pola presidenta do club ourensán, Mari Carmen Blanco, e a adestradora Raquel Dafonte.

