Vinte e seis alumnos e alumnas completaron a formación e obtiveron os seus carnés
No acto participaron o alcalde de Ourense, a concelleira de Promoción Económica e o presidente de ADERCOU
O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a entrega de diplomas dos cursos de manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios, nos niveis básico e avanzado, impartidos na cidade pola Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU).
No acto participaron o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome; a concelleira de Promoción Económica, Tamara Silva; e o presidente da entidade e alcalde da Peroxa, Manuel Seoane. En total, 26 persoas participantes superaron a aprendizaxe e obtiveron os carnés profesionais que as acreditan para desempeñar este traballo.
ADERCOU é a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (coñecida tamén como GDR 11 – Adercou), unha entidade sen ánimo de lucro integrada por axentes públicos e privados que agrupa 17 municipios da provincia, entre eles Ourense.

