A carreira do circuíto Correndo por Ourense requirirá realizar cortes de tráfico mañá pola tarde no centro da cidade

adminON
Lectura mínima de 1

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico para a celebración, mañá, sábado, 8 de xuño, da Carreira do Centro do circuíto popular Correndo por Ourense, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense.

A actividade deportiva requirirá pechar ao tráfico de vehículos as rúas polas que discorrerá, con 2 horas de referencia:

  • Desde as 19.30 horas, pecharase ao tráfico a rúa do Paseo, no treito comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro.
  • Desde as 21.30 horas, pecharase ao tráfico o resto do circuito: Rúa do Paseo, Rúa Concello, Rúa do Progreso, Avenida de Pontevedra, Praza Fonte do Rei, Praza Eugenio Montes e Rúa Lamas Carvajal.

Porén, permitirase a circulación de vehículos polo carril que baixa desde Xoán XXIII até a glorieta de San Rosendo, para continuar pola Rúa Ervedelo.

Establécense como vías alternativas, en función do itinerario:

  • Rúa do Progreso – baixada da Praza de Abastos, Rúa Doutor Fleming e Rúa Ervedelo.
  • Avenida da Habana, Praza de Concepción Arenal, Rúa do Progreso ou Rúa Concello con Rúa Xoán XXIII até glorieta de San Rosendo e Rúa Ervedelo.
Comparte este artigo