HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

Entre eles, a modificación do Plan de Mobilidade para adaptalo á Lei do Cambio Climático, consistente na adición dunha proposta relativa ás zonas de baixas emisións

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria de esta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos. Entre eles, a aprobación definitiva da modificación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible para adaptalo á da Lei 7/2021, do Cambio Climático e a Transición Enerxética. A modificación consiste na adición dun novo apartado que recolle a proposta relativa ás zonas de baixas emisións.

Licenzas (8)

  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para a instalación dun elevador na rúa Río Támega.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Pisón.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Serra Martiñá.
  • Conceder a primeira ocupación por legalización de usos de 2 vivendas en Celso Emilio Ferreiro.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás.
  • Concederlle á Vicesecretaría Xeral da Consellería de Educación, Formación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia a licenza urbanística de obra maior para o proxecto básico e de execución de ampliación e renovación da cuberta do patio do CEIP de Prácticas de Ourense, na rúa Vicente Risco, cun orzamento de execución material de 90.500€.
  • Denegar a licenza urbanística de obra para o proxecto de adaptación de dous locais comerciais a vivendas independentes na planta baixa dun edificio na rúa do Progreso.
  • Corrección de oficio dun acordo da Xunta de Goberno Local do 10 de abril de 2025
  • Declarar que non é precisa a autorización municipal para desvincular o trasteiro dunha vivenda nun edificio na rúa José Valente Docasar.

Aperturas (2) Conceder 2 licenzas urbanísticas, para os proxectos:

  • básico e de execución de reforma e acondicionamento da planta baixa do edificio que ocupa a sede da Dirección Provincial conxunta da Tesourería Xeral da Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social de Ourense, na rúa Concello.
  • de acondicionamento de local para a apertura dunha tenda de telefonía na planta baixa dun edificio na rúa do Paseo.

Patrimonio  (7) Sete expedientes de reclamación de responsabilidade patrimonial (3 desestimacións, 3 inadmisións e 1 desistencia).

Medio Ambiente (1) Declarar prorrogadas por un ano 57 autorizacións outorgadas pola Xunta de Goberno Local para o uso de hortos municipais no parque de Montealegre e Mariñamansa.

Alcaldía (1). Desestimar 2 alegacións e aprobar definitivamente a modificación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ourense, para a súa adaptación ao previsto no artigo 14.3.a) da Lei 7/2021, de 20 de maio, do Cambio Climático e a Transición Enerxética. A modificación consiste na  adición ao dito Plan dun novo apartado V, denominado Proposta relativa ás zonas de baixas emisións. O acordo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.

Persoal e recursos humanos (3)

  • Modificación nº 3/2025 da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense para a determinación dos postos de traballo que poden prestarse en réxime de teletraballo.
  • Desestimar integramente 2 solicitudes de suspensión da eficacia dos acordos aprobados pola Xunta de Goberno Local relativos á inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade do servizos de Bombeiros e Policía Local dentro do complemento específico dos postos de traballo.

Publicacións Relacionadas