A carreira popular do barrio do Vinteún abrirá este domingo o circuíto “Correndo por Ourense”, que organiza o CMD

Redacción
Lectura mínima de 2

O salón de plenos acolleu a presentación desta 14ª edición, que propón sete probas en diferentes barrios da cidade

As inscricións pódense realizar en www.correndoporourense.com

A carreira popular do barrio do Vinteún abrirá este domingo a edición número 14 do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo por Ourense”, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación da actividade que, un ano máis, propón sete carreiras que percorrerán diferentes barrios de Ourense, con categorías para todas as idades. O acto contou coa asistencia do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente do CMD, Aníbal Pereira, e representantes das empresas patrocinadoras e entidades colaboradores do circuíto.

As inscricións pódense realizar na páxina web correndoporourense.com. O prazo está aberto ata o mércores anterior a cada unha das carreiras, e vólvese abrir o luns seguinte. A data límite para inscribirse na totalidade do circuíto é o 3 de xuño de 2026, coincidindo co peche da carreira do Centro.

A inscrición para todo o circuíto nas categorías de persoas adultas ten un custo de 15 € (polas 7 carreiras). Para carreiras soltas, o prezo é 5 €. Nas categorías Sub10, Sub12, Sub14, Sub16 e Sub18 a inscrición é gratuíta.

Calendario de carreiras 2026

  • Carreira do Vinteún: Domingo, 26.04.2026 – 11.00 h
  • Carreira do Couto: Sábado, 30.05.2026 – 22.00 h
  • Carreira do Centro: Sábado, 06.06.2026 – 22.00 h
  • Trail Oira – San Tomé: Domingo, 28.06.2026 – 10.00 h
  • Carreira de Mariñamansa: Domingo, 06.09.2026 – 11.00 h
  • Carreira da Ponte: Domingo, 27.09.2026 – 11.00 h
  • Carreira da Carballeira: Domingo, 18.10.2026 – 11.00 h

O circuíto está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense co patrocinio de CHC Enerxía, Coca Cola, Gadis, Apersa e Pérez Rumbao, e a colaboración da Federación de Atletismo, Club Ourense Atletismo, RunManiak, Esprintes, colexio Divino Maestro, asociación vecinal A Cuña, Club Natación Pavillón e club Secundino Basalo.

Comparte este artigo