A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico para a celebración, o domingo 26 de abril, da carreira popular do barrio do Vinteún, que dará inicio ao circuíto Correndo por Ourense, que organiza o Consello Municipal de Deportes.
A proba deportiva requirirá pechar ao tráfico a rúa Madre Soledad de la Cruz ás 8.30 horas e todas as rúas polas que discorre desde as 10.00 horas ata que remate a carreira. A proba deportiva comezará ás 11.00 horas, con dúas rutas.
O percorrido da de menores é: rúa Madre Soledad de la Cruz, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, rúa Río Corzos, rúa Río Mao, rúa Bellao, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, rúa Río Corzos e meta na rúa Madre Soledad de la Cruz.
O percorrido para a de adultos é: rúa Madre Soledad de la Cruz, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, rúa Río Corzos, rúa Río Mao, rúa Río Cobas, rúa Río Camba, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, rúa Río Corzos e meta na rúa Madre Soledad de la Cruz.
Rutas alternativas
A Policía Local recomenda como rutas alternativas:
- Avenida de Santiago, en sentido ascendente: por Río Arnoia, Río Navea, Quintián, Río Búbal, Río Limia e avenida de Santiago.
- Avenida de Santiago, en sentido descendente: por Río Limia, OU-0526, Rampla de Zaragoza, barrio de Covadonga, Guizamonde, Río Navea, Río Arnoia e avenida de Santiago; ou ben por carril circunstancial da rúa do Vinteún sentido Oira.
- Rúa Río Camba: desvío pola rúa Alfredo Brañas.
- Rúa do Vinteún, en sentido ascendente: desvío pola estrada de Barra de Miño ou pola N-525 a través do polígono industrial das Coiñás.

