A carreira popular San Silvestre Ourensá, que percorrerá mañá, martes, 31 de decembro, o centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico as rúas polas que discorre, desde as 16.00 horas até que remate a actividade.
A carreira, na categoría absoluta, consta de 2 voltas a un circuíto de 2,5 km, que ten a súa saída na rúa do Paseo (Subdelegación de Defensa) e avanzará polas rúas Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Viriato, Lúa, Praza do Correxedor, Praza dos Suaves, Cardeal Cisneros, Praza do Trigo, Hernán Cortés, Prieto Nespereira, Lugo, Vilar, Praza da Ferraría, Cervantes, Barreira, Praza Maior, Lamas Carvajal e Rúa do Paseo.
A parada de taxis do Parque de San Lázaro trasladarase, mentres se desenvolve a carreira, á rúa Xaquín Lorenzo “Xocas”.