A Carreira Solidaria da Garda Civil ocasionará cortes de tráfico na cidade o domingo pola mañá

Redacción

A Policía Local do Concello de Ourense despregará este domingo, 4 de outubro, un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración da III Carreira Solidaria da Garda Civil Pilar 2026. O evento inclúe dúas categorías (adultos e infantil) con saída e chegada na Praza Maior.

Horarios dos cortes de tráfico e percorridos

  • Ás 8.30 h: Peche do acceso á Praza Maior.
  • Ás 10.30 h: Peche das rúas incluídas no itinerario e das vías do seu perímetro.
  • Ás 11.00 h (Carreira de adultos): Percorrido con saída na Praza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijoo, Lugo, Fernández Oxea, Galicia, Bonhome, avenida de Zamora, Progreso, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Pardo de Cela, glorieta Nexus, Sáenz Díez, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal e meta na Praza Maior.
  • Ás 12.30 h (Carreira infantil): Itinerario desde a Praza Maior por Tendas, Paz, San Miguel, Lamas Carvajal e Praza Maior.

O tráfico irase reabrindo progresivamente a medida que os corredores completen cada tramo.

Desvíos e rutas alternativas Para facilitar a mobilidade, a Policía Local recomenda estes itinerarios alternativos:

  • Zona norte: Ponte Nova, Celso Emilio Ferreiro e avenida de Otero Pedrayo.
  • Zona sur: A Saínza, Ramón Puga e Pena Trevinca.
  • Zona centro: Na glorieta de Ervedelo, desvío cara á praza da Chave (campo do Couto).
  • Acceso á N-120: Entradas por Pablo Iglesias ou pola estrada da Lonia.

Autobuses. O desenvolvemento desta actividade ocasionará retencións nos percorridos de diferentes liñas do servizo de autobuses urbanos.

Comparte este artigo