A Policía Local do Concello de Ourense informa de que, con motivo da celebración do ascenso da Unión Deportiva Ourense á Primeira Federación, hoxe martes, 2 de xuño, levaranse a cabo cortes de tráfico na contorna da Praza de Concepción Arenal a partir das 22.00 horas aproximadamente.
O dispositivo de tráfico prevé cortar á circulación de vehículos estas rúas:
- Avenida da Habana á altura da confluencia con Xoán XXIII.
- Rúa de Sáenz Díez, á altura da confluencia con Samuel Eiján.
- Glorieta do mundo, na confluencia con Pardo de Cela.

