A Concellería de Igualdade iniciará en febreiro unha nova edición do proxecto Convívere, cun programa de obradoiros temáticos quincenais para persoas adultas

adminON
Lectura mínima de 2

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense iniciará en febreiro unha nova edición do proxecto Convívere, que amplía a súa oferta de actividades logo da boa aceptación coa que contou o ano pasado. Co lema Coexisten os obxectos, As persoas conviven!, ofrecerá unha serie de obradoiros con periodicidade quincenal, con temática diversa e unha finalidade común: achegar ideas sobre o feito de sermos humanos que poidan axudar ao entendemento, tanto persoal como colectivo. Perséguese así traballar por unha sociedade máis igualitaria onde se poña en valor o coidado e o cultivo da diversidade, se favorezan contextos para que cada persoa sexa a mellor versión de si mesma e se garanta a igualdade como dereito básico.

Os obradoiros van dirixidos a persoas adultas e desenvolveranse de 17 a 20 h nas dependencias da Concellería de Igualdade (na rúa do Ensino, 24). Cada mes abordarase unha temática concreta, sendo algúns dos obradoiros exclusivos para mulleres e outros mixtos.

Mes de febreiro e o amor (mixto)
Día 7: Pensar o amor, a cargo de Ana Pérez Cardoso, educadora do Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM).

Mes de marzo e as mulleres (para mulleres)
Día 6: Pensar(nos) mulleres: Ana Pérez Cardoso.

Mes de abril e as sexualidades (mulleres)
Día 3: Pensar a sexualidade: Ana Pérez Cardoso

Día 17: Vivir a sexualidade: Berta Vega Villaamil, terapeuta do Reencontro.

Mes de maio e as parellas (mixto)
Día 8: Pensar a parella: Ana Pérez Cardoso

Día 22: Vivir a parella: Nuria Sotelo, bailarina e sexóloga.

Mes de xuño e a diversidade (mixto)
Día 5: Pensar a diversidade: Ana Pérez Cardoso

Día 19: Vivir a diversidade: Bea Fernández, psicóloga e sexóloga.

As persoas interesadas poden inscribirse até o día 22 de xaneiro, na Concellería de Igualdade, por teléfono (988393191) ou por correo electrónico concelleriamuller@ourense.es. Poderán anotarse ao proxecto completo ou por meses soltos.

Comparte este artigo