A Deputación de Ourense participa en Greencities 2026 para abordar o uso da intelixencia turística ao servizo dos concellos

Redacción

O director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Marcos Valiño, participou hoxe, 15 de setembro, en Greencities 2026, foro de referencia sobre desenvolvemento urbano intelixente e sostible que se desenvolve en Málaga.

Valiño interveu na mesa redonda “PID e cohesión territorial: intelixencia turística ao servizo dos municipios”, na que se analizou o potencial das Plataformas Intelixentes de Destino (PID) e das novas ferramentas dixitais para mellorar a xestión turística, favorecer a toma de decisións baseada en datos e contribuír á cohesión territorial.

Na sesión participaron tamén o presidente de SEGITTUR, Enrique Martínez Marín; o xefe da Área de Innovación e Provincia Dixital da Deputación de Cáceres, Agustín Aretio; e o director executivo do Patronato de Turismo Costa Blanca, José F. Mancebo.

Comparte este artigo