Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación estudará a cesión de terreos ao Concello do Carballiño para...

A Deputación estudará a cesión de terreos ao Concello do Carballiño para a construción dun novo campo de fútbol para o C.D. Arenteiro

- Anuncio -

A parcela da institución provincial, situada na Uceira, acollería un Complexo Deportivo que permitirá ter mellores instalacións ás máis de 400 persoas que xogan ao fútbol no Carballiño

A Deputación de Ourense estudará a proposta formulada polo Concello do Carballiño para a cesión dunha parcela de titularidade provincial, necesaria para desenvolver o proxecto de construción dun complexo deportivo na zona da Uceira, que tamén incluiría un novo campo de fútbol para o C.D. Arenteiro.

Así o vén de comunicar o presidente da Deputación, Luis Menor ao goberno municipal do Carballiño, que solicitou por escrito a colaboración da institución provincial para levar a cabo este proxecto.

O concello carballiñés quere construír neste complexo deportivo un campo que cumpra cos requisitos esixidos pola Federación española de Fútbol para a categoría Primeira RFEF, na que actualmente compite o Club Deportivo Arenteiro. Entre este requisitos figura unha capacidade para 4.000 persoas sentadas, grada perimetral e iluminación axeitada. Ademais, a nova área deportiva daría servizo a máis de 400 persoas que xogan ao fútbol no Carballiño, ofrecendo unhas instalacións máis adecuadas.

O Concello do Carballiño deberá presentar á Deputación un proxecto do complexo deportivo para que se poida comprobar á posibilidade de cesión desta parcela, xa que na actualidade dá servizo á institución provincial cunha nave que habería que reubicar.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Belén Cachafeiro recorreu xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, esta actuación de seguridade viaria que se está...

A Deputación pon en marcha este domingo no Castelo de Soutomaior o obradoiro de...

0
Este domingo tamén terá lugar o percorrido Camelia e saúde, que se repetirá entre o 11 e o 16 de marzo para divulgar as...

A Deputación leva este domingo a 25 persoas da provincia a desfrutar do programa...

0
Veciños e veciñas de nove concellos da provincia gozarán de estancias no Hotel Carlos I Silgar, situado en Sanxenxo 25 persoas de nove concellos da...

A Deputación supervisa en Rodeiro os traballos de execución de cunetas de seguridade e...

0
A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, percorreu as actuacións que se están a desenvolver en ambas estradas provinciais e que contan cun investimento de...

Publicacións Relacionadas