A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a execución de traballos de aglomerado e asfaltado por parte da Axencia Galega de Infraestruturas requirirá realizar cortes puntuais de tráfico na estrada de Seixalbo (OU-105) durante a xornada de hoxe, xoves, 24 de setembro.
Para minimizar as molestias e manter a mobilidade, o paso dos vehículos regularase de forma alternativa nesta zona. Prevese que os traballos queden totalmente rematados nun prazo aproximado de dous días, momento no que a circulación quedará restablecida con total normalidade.
A Policía Local roga aos condutores que extremen a precaución, presten atención á sinalización circunstancial e que, na medida do posible, planifiquen os seus desprazamentos con antelación ou utilicen rutas alternativas.

