O sábado 18 pecharase 3 horas a rúa da Concordia polo mesmo motivo
A Policía Local do Concello de Ourense informa das restricións de tráfico que se levarán a cabo nos vindeiros días con motivo da instalación de camións guindastre-elevadores na vía pública para a execución de obras:
Domingo, 12 de xullo: Rúa Galicia
Estará pechada ao tráfico de 7.00 a 10.00 horas en toda a súa extensión, desde a confluencia coa rúa da Coruña e a rúa Bonhome.
- Itinerarios alternativos: O acceso a Ramón Puga poderá realizarse de xeito alternativo a través da rúa Nosa Señora da Saínza e a rúa Bonhome.
- Autobuses urbanos: As liñas afectadas realizarán percorridos alternativos pola rúa da Coruña.
Sábado, 18 de xullo: Rúa da Concordia
Estará pechada ao tráfico de 7.00 a 10.00 horas en toda a vía polo mesmo motivo. Os vehículos deberán utilizar itinerarios alternativos nesa franxa horaria.
A Policía Local roga aos usuarios da vía a máxima precaución, solicita que desculpen as molestias causadas e lembra a importancia de atender á sinalización provisional que se despregará nas zonas afectadas.

