A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a rúa Isaac Piñeiro Varela terá pechado ao tráfico un dos seus carrís o luns 5 e martes 6 de outubro pola execución de traballos de asfaltado.
A obra realizarase en toda a calzada. Porén, para garantir a mobilidade na zona, habilitarase un paso alternativo de vehículos, nos dous sentidos de circulación, regulado por sinalistas.

