A vía da presa de Velle estará pechada ao tráfico mañá e pasado mañá por traballos de mantemento

Redacción

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a vía que transita pola coronación da presa de Velle estará pechada ao tráfico rodado mañá, mércores 5 de agosto, e pasado mañá, xoves 6.

O corte deberase á execución de traballos de mantemento ordinario nunha das comportas do aliviadoiro por parte da empresa concesionaria, Naturgy. A afección á circulación manterase activa en horario de 8.00 a 20.00 horas durante ambas as xornadas.

Comparte este artigo