A Xunta de Goberno convalida o pago de facturas de servizos municipais de auga e infraestruturas

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá nunha sesión extraordinaria e urxente a convalidación da omisión da función interventora en catro expedientes municipais.

O acordo, adoptado ao abeiro do Real Decreto 424/2017 de control interno do sector público local, ten como finalidade validar gastos recollidos en diversos decretos da Concellería de Facenda e realizar o pago de facturas a empresas provedoras de servizos, concretamente da xestión do ciclo da auga e a execución de obras de infraestruturas.

Comparte este artigo