A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá nunha sesión extraordinaria e urxente o proxecto de modificación orzamentaria 2P/2026, por importe de 11.463.275,31 euros.
Ten como finalidade o pagamento de facturas incluídas na conta 413 do Concello, a partida contable que recolle os gastos xa realizados ou os servizos prestados por provedores que estaban pendentes de aplicación orzamentaria. Con este obxectivo, a modificación dota ou amplía crédito en diferentes partidas con cargo ao remanente de tesouraría para gastos xerais.
O acordo da Xunta de Goberno Local será elevado ao pleno do Concello para que proceda, no seu caso, á aprobación provisional da modificación orzamentaria proposta.

