A Xunta de Goberno Local aprobou 17 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar este mediodía no salón de plenos do Concello. Entre eles, acordou conceder 5 licenzas urbanísticas e designar o tenente de alcalde José Ignacio González para representar o Concello no Consello Social da Universidade de Vigo, na sociedade Cidade Universitaria S.A. e no Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense). O tamén tenente de alcalde Aníbal Pereira será o representante do Concello no comité executivo desta fundación, de cuxo padroado xa forma parte por delegación da Alcaldía.
Licenzas (4)
- Concede a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma dun edificio na rúa Vila Valencia
- Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución de substitución de cuberta e reforma interior dunha planta e o baixo cuberta dun edificio na rúa das Tendas
- Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución de vivenda unifamiliar sita na parcela 12 do sector A6 do PXOM
- Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución dun muro de contención de terras na Borraxeira
Aperturas (1)
- Conceder a licenza de obra para a actividade de axencia de seguros na avenida das Caldas
Disciplina (1)
- Desestimar a petición dunha particular de suspensión da execución de dous acordos da Xunta de Goberno Local
Patrimonio (2)
Estimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial e desestimar outra.
Rehabilitación (3)
Outorgar definitivamente 3 subvencións solicitadas por particulares para a execución de obras de rehabilitación de edificios na área de rehabilitación do Centro Histórico da cidade. Trátase da reforma integral dunha vivenda na rúa Doutor Marañón, por un importe de 25.000 €; a substitución de carpinterías exteriores nun inmoble na rúa Rafael Dieste, por un importe de 9.933,82 €, e a remodelación dunha vivenda na rúa Dous de Maio, por 24.111,93 €.
Contratación (1)
Acordar a prórroga do contrato do servizo de limpeza de edificios municipais (lotes 1, 2 e 3) dende o 1 de abril do 2024 ata o inicio da execución do novo contrato, por un período máximo dun mes e medio (ata o 15 de maio de 2024)
Educación (1)
Aprobar as bases e a convocatoria dos Premios do XV Certame Internacional de Cinema escolar, OUFF Escola. Tamén se aproba o gasto, por 3.000 €
Oficialía Maior (4)
- Delegar na Alcaldía competencias da Xunta de Goberno Local nas áreas de Contratación e Avogacía Consistorial.
- Designar o tenente de alcalde, José Ignacio González Pérez para representar no Consello Social da Universidade de Vigo, na sociedade Cidade Universitaria S.A e no Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (EXPOURENSE),
- Designar representante do Concello no Comité Executivo da dita fundación o concelleiro e tenente de alcalde Aníbal Pereira Novoa, quen forma parte tamén do Padroado por delegación da Alcaldía.

