A Xunta de Goberno Local aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (7). Concedeu as licenzas de obra para o anexo ao proxecto de demolición de dous edificios con conservación de fachadas nas rúas Paseo e Cardenal Quiroga, para a construción de muro de mampostería de contención de terras na rúa Miraflores, para a reforma dunha vivenda nun edificio da rúa Parque de San Lázaro, para a construción dunha unifamiliar en Rairo, e para a rehabilitación de vivendas nun edificio da rúa Lamas Carvajal. Tamén autorizou as prórrogas das licenzas concedidas para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa das Oliveiras, Seixalbo, e para a remodelación dun edificio na rúa Colón.

Disciplina (2). Declarou en situación de ruína e acordou a demolición, por parte da propiedade, dun inmoble na rúa do Outeiro (Palmés) e impuxo unha multa e requiriu de novo á propiedade para que proceda á demolición doutro inmoble na rúa de Ponferrada.

Contratación (2). Aprobou o expediente para contratar a subministración en réxime de alugueiro e instalación do alumeado de Nadal 2026-2027, cun orzamento de 749.292,50 euros (IVE incluído) e a subministración en réxime de alugueiro e o mantemento integral de varios equipos de impresión do Concello, cun orzamento de 65.186,16 euros (IVE incluído).

Xestión urbanística (1). Aprobou definitivamente o proxecto de reparcelación inversa do proxecto de compensación da AR 07-E do PXOM de 2003.

Infraestruturas (1). Aprobou unha conta xustificativa de 168,19 euros.

Avogacía consistorial  (8). Deu conta de tres sentenzas e un auto ditados polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 1 e 2 de Ourense. Ademais, o Concello deberá comparecer noutros 4 procedementos xudiciais.

Aprobou tamén un acordo de delegación de competencias da Xunta de Goberno Local nos concelleiros e nas concelleiras con responsabilidades de goberno nas materias propias das súas áreas ou delegacións. O acordo actualiza estas delegacións logo do nomeamento de Francisco Lorenzo como concelleiro de Facenda.

Comparte este artigo