HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de elevación vertical na Avda. de Marín

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación de Resiliencia da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation: un novo sistema de elevación vertical na avda. de Marín ao seu paso pola avda. de Santiago e a humanización da avda. de Pontevedra desde Vila Valencia ata Marcelo Macías.

Ademais, a Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria desta semana que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos, deu conta de 22 acordos. Entre eles, a aprobación do Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense para o período comprendido entre os anos 2024 e 2026 e o expediente para contratar o seguro de responsabilidade civil/patrimonial do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes.

Publicacións Relacionadas