A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará mañá 18 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, día 1 de outubro, ás 13.30 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 18 propostas de acordo presentadas polos servizos municipais de Licenzas, Aperturas, Disciplina, Patrimonio, Contratación, Xestión económica e orzamentaria e Avogacía consistorial.

Licenzas e aperturas (6). Resolverá as solicitudes de licenza de obra para os proxectos de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Outeiro, Velle; para a reforma dun edificio na rúa San Paio, para a rehabilitación dunha vivenda nun edificio da rúa Santo Domingo; para a execución dun muro de contención no Camiño do Monte, para a legalización das obras dun almacén na rúa Puga Noguerol e para a reforma dunha edificación na rúa do Progreso para centro de control operativo de Aqua-Ou.

Disciplina (3). Incoará os procedementos de declaración da ruína de dous inmobles na rúa García Mosquera e Avenida de Bos Aires. Tamén imporá unha multa coercitiva por incumprir unha orde de demolición de obras executadas sen título habilitante.

Patrimonio (3). Tratará unha reclamación de responsabilidade patrimonial, requirirá unha aseguradora para que indemnice o Concello polos danos causados por un coche na glorieta de Pardo de Cela e arquivará un expediente de reclamación de danos.

Contratación (1). Aprobará, se procede, o expediente para contratar o servizo de mantemento do centro de proceso de datos do Concello

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobará unha relación de facturas, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio.

Avogacía consistorial (4). Dará conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e doutras dúas do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 2 de Ourense. Tamén será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante do Tribunal de Instancia Sección Contencioso-Administrativo, Praza número 1 da cidade, nun procedemento ordinario.

Comparte este artigo