Aproba un proxecto de modificación orzamentaria, que elevará ao Pleno, por 3,7 millóns de euros procedentes de remanente de tesourería
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión ordinaria desta semana o proxecto de modificación orzamentaria 10P, que prevé destinar 3,7 millóns de euros á execución de obras na cidade. A principal partida, de 2,6 millóns, destinarase á reforma do Xardín do Posío e os 1,1 millóns restantes serán para diferentes obras de infraestruturas. O acordo aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación proposta.
Na sesión, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos, aprobáronse un total de 18 acordos, como o Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Urbanismo para os anos 2024 a 2026 e varias licenzas urbanísticas, entre outros.
RELACIÓN DE ASUNTOS
Licenzas (9)
- Aprobar os proxectos reformados de construción de 2 vivendas unifamiliares: unha na rúa do Portalón, en Santa María de Reza, e outra na rúa do Cumial, Seixalbo; e o de reforma e ampliación doutra no Alto do Cumial.
- Conceder as licenzas urbanísticas de obra para o proxecto de demolición dun inmoble na rúa Manuel Murguía e para o proxecto de modernización dun ascensor nun edificio na rúa Concordia.
- Conceder senllas prórrogas polo prazo de 6 meses para iniciar as obras de construción dunha vivenda unifamiliar na rúa Laza, e de rehabilitación doutra na rúa da Torre, As Curuxeiras.
- Tamén deu conta de 2 solicitudes de particulares para declarar a innecesaridade de senllas licenzas urbanísticas de segregación de parcelas. Unha estímase e outra denégase.
Aperturas (2)
- Conceder as licenzas urbanísticas de obra para o proxecto de acondicionamento dun local para un bar na rúa Pizarro e para o proxecto técnico de adecuación dun local para unha clínica dental na rúa Ramón Puga
Patrimonio (2)
- Recoñecer unha obriga a favor do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense e desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.
Servizo de Rehabilitación (1)
- Aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellaría de Urbanismo do Concello de Ourense para o período 2024-2026
Xestión económica (1)
- Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 10P/2024, utilizando a figura dos suplementos de crédito e créditos extraordinarios, por un importe total de 3.707.807,92 €, utilizando fondos procedentes do remanente de tesouraría para gastos xerais.
A modificación orzamentaria dota crédito para a reforma do Xardín do Posío, polo importe de 2.641.077,01 €, e suplementa crédito para as partidas orzamentarias de Investimento novo en infraestruturas viarias: 17.500,00 €, Infraestruturas viarias urbanas: 204.463,10 € e Investimento de reposición infraestruturas viarias 844.767,81 €
O acordo aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación proposta.
Avogacía Consistorial (3)
Na mesma sesión, deu conta de dúas sentenzas, ditadas polo Xulgado do Social número 3 de Ourense e o Xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense. O Concello tamén foi emprazado a comparecer diante do contencioso número 1 nun procedemento abreviado.