A Xunta de Goberno Local reunirase mañá, mércores, na súa sesión ordinaria desta semana, con 17 asuntos na orde do día

Redacción
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, mércores, 15 de abril, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 17 propostas de acordo, presentadas polos servizos municipais de Licenzas, Planeamento, Infraestruturas, Contratación e Avogacía consistorial.

Avogacía consistorial (6): dará conta dunha sentenza ditada pola Audiencia Nacional; dunha sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense; e dunha sentenza e de dous autos do número 2. Ademais, o Concello deberá comparecer diante do xulgado do contencioso número 1 de Ourense nun procedemento abreviado.

Licenzas (6): solicitudes de licenza para a reforma dun local para uso de garaxe na Avenida de Portugal; para a adaptación dun baixo como vivenda nun edificio da rúa Francisco Asorey; para o remate das obras de remodelación dunha vivenda nun edificio na rúa Marcelo Macías; para o proxecto modificado de construción dun edificio para vivendas na rúa Ervedelo; para a adaptación dun baixo para uso residencial nun inmoble da rúa Hernán Cortés, e para o remate de obras nunha edificación da rúa Santa Ana.

Patrimonio (2): expedientes de recuperación de danos causados por un vehículo na Ponte do Milenio e de pago dunha indemnización polo atraso na entrega dun local.

Infraestruturas (2): unha sanción como consecuencia da vertedura de augas residuais causada pola rotura dun colector do saneamento e un requirimento ao Concello para o pago dunha multa.

Contratación (1): a concesión demanial de uso privativo de dominio público mediante procedemento aberto para a explotación das instalacións destinadas a cafetería na Alameda do Concello.

Comparte este artigo