A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 23 de abril, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 33 asuntos na súa orde do día.
Licenzas (7). Solicitudes de licenzas para o proxecto de legalización de obras de rehabilitación dun edificio da rúa do Progreso, para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Lugar do Monte, para a ampliación dunha vivenda na rúa Salvador de Madariaga, para a reforma dunha vivenda na rúa Nosa Señora do Cristal, para a demolición dun edificio na avenida de Santiago, para adaptar como vivenda un local na rúa Manuel Rubén García e para adaptar como garaxe un local na rúa do Mercado.
Aperturas (1). Solicitude de título habilitante de natureza urbanística para o proxecto de ampliación dunha cafetería na rúa Santa Teresita.
Patrimonio (2). Dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial.
Contratación (3). Expedientes para contratar a subministración dun vehículo autoescaleira automática articulada para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento; o servizo de desratización, desinsectación e desinfección do Concello, e o servizo de mantemento de 3 aplicacións informáticas.
Xestión tributaria (1). Solicitude á Dirección Xeral do Catastro para encargo á Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio, Sociedade Anónima (Segipsa) de realización de traballos catastrais obxecto de convenio co Concello de Ourense para o ano 2026.
Alcaldía (2). Expedientes para contratar o servizo de mantemento integral dos elementos de transporte vertical na rede viaria pública e unha proposta de resolución, para o seu ditame polo Consello Consultivo de Galicia, relativa ao recoñecemento dunha obriga.
Asuntos sociais (2). Convocatoria para a concesión de axudas en especie do Concello de Ourense para libros de texto, material escolar e comedor escolar correspondentes ao curso 2026-2027. Tamén dará o visto e prace a 2 facturas.
Policía Local (1). Levantamento de reparo respecto a 4 facturas.
Avogacía Consistorial (14). Dará conta de 12 sentenzas e 2 decretos.

