A Xunta de Goberno Local tratará 34 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá

Redacción
Lectura mínima de 3

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 30 de abril, ás 9.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 34 propostas de acordo presentadas polos servizos de Licenzas, Patrimonio, Planeamento, Infraestruturas, Contratación, Participación Cidadá, Policía Local, Persoal e Avogacía Consistorial.

Licenzas (6): Resolverá as solicitudes de licenza para instalar ascensores nun edificio da rúa Río Támega e noutro da Praza Recanto do Caravel ; para construír un almacén agrícola no Camiño do Campamento, Abelaira-Castro de Beiro ; para adaptar a garaxe un baixo na rúa Mercado e para adaptar outro baixo a vivenda na rúa do Seminario. Tamén tratará a caducidade dunha licenza de obras na rúa do Paseo.

Patrimonio (3): Dará conta dun recurso de reposición e dunha reclamación de responsabilidade patrimonial por caídas na vía pública , e un expediente de recuperación de danos causados por un vehículo nun sinal na avenida da Universidade.

Planeamento (1): Aprobación inicial do Estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e adaptación e reaxuste de aliñacións e rasantes nas parcelas definidas na modificación puntual da zona 5 do Solo Urbano 46 do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU).

Infraestruturas (5): Cinco expedientes de pago de costas procesuais.

Contratación (1): Rectificación dun erro material no prego da contratación do servizo de limpeza dos centros educativos.

Participación Cidadá (3): Aprobará as bases reguladoras e a convocatoria para seleccionar os proxectos que serán incluídos no programa de envellecemento activo 2026/2027, e na programación de actividades dos centros cívicos municipais, nas modalidades infantil e de persoas adultas.

Policía Local (1): Levantamento dun reparo con respecto ás facturas do servizo de conservación e mantemento das instalacións semafóricas de control de tráfico.

Persoal (2): Convalidación da omisión da función interventora e do gasto correspondente ao abono das retribucións correspondentes a unha atribución temporal de funcións, e un recurso de reposición interposto polo sindicato SPPME contra o acordo da Xunta de Goberno Local de aprobación da Oferta de Emprego Público, pola quenda de promoción interna, correspondente ao exercicio 2026.

Avogacía Consistorial (12): Dará conta de 7 sentenzas e un auto ditados por diferentes xulgados. Ademais, será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer en 4 procedementos diante dos xulgados do contencioso-administrativo.

Comparte este artigo