A Xunta de Goberno Local tratará 7 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 13 de agosto, ás 13.30 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 7 propostas de acordo, presentadas polos servizos municipais de Licenzas (4), Aperturas (1) e Contratación (2).

Licenzas (4). Solicitudes de licenzas de obras para a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa do Entroido; para a reforma interior de vivendas, mellora da envolvente térmica e instalación de ascensor nun edificio na Avenida de Bos Aires; para a reforma de tres vivendas noutro inmoble da Avenida de Bos Aires, e para a reforma dunha vivenda na Avenida da Habana.

Aperturas (1). Solicitude de licenza de obra para a reforma e rehabilitación dun edificio para oficinas na Rúa do Progreso.

Contratación (2). Prórroga por 1 ano do contrato da subministración de prendas de uniformidades e complementos para a Policía Local e estimación parcial dunha reclamación formulada pola empresa responsable da limpeza dos centros educativos públicos de Infantil e Primaria.

Comparte este artigo