As bibliotecas municipais acollerán este verán espectáculos de contacontos para fomentar a lectura entre a rapazada

adminON
Lectura mínima de 2

As bibliotecas municipais do Concello de Ourense (nos barrios da Ponte, San Francisco e A Carballeira) acollerán 7 espectáculos de contacontos durante os meses de xullo e agosto. Esta actividade, organizada polo Concello en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a lectura entre a rapazada da cidade e achegala ás bibliotecas municipais. Para asistir, nenas e nenos poden inscribirse, persoal ou telefonicamente, nas propias bibliotecas.

Biblioteca pública municipal A Carballeira

Praza Sagrado Corazón s/n – 988253893

  • Martes, 2 de xullo, 11.00 h “A lectura máxica”, con Especialistas  Hípica Celta.
  • Luns, 26 de agosto, 11.00 h “O lapis de Martín” con Sarabela.

Biblioteca pública municipal A Ponte:

Praza Mestre Luis Fernández s/n – 988605751

  • Luns, 8 de xullo , 11.00 h “O lapis de Martín” con Sarabela
  • Martes, 30 de xullo, 11.00 h: “Luume”, con Antela Editorial
  • Venres, 23 de agosto, 11.00 h: “Escola de dragóns”,  con Donde viven los cuentos.

Biblioteca pública municipal San Francisco:

Explanada de San Francisco s/n – 988230124

  • Luns, 15 de xullo, 11.00 h “Uxía e o garabato” con Sarabela.
  • Mércores, 7 de agosto, 11.00 h “A maxia dos libros”, con Jóse

As tres bibliotecas, dependentes da Concellería de Educación do Concello de Ourense, abren ao público de luns a venres de 9 a 14 horas.

Comparte este artigo