A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración das festas da Follateira ocasionará cortes e restricións de tráfico en varios tramos da avenida de Bos Aires e da avenida Otero Pedrayo, desde o xoves 7 ata o domingo 10 de maio.
Xoves 7 de maio: A partir das 11.00 h haberá restrición parcial de tráfico na avenida de Bos Aires (desde a rúa Silveira ata a rúa Iglesias Alvariño) para a montaxe das atraccións festivas. Permitirase o paso exclusivo a autobuses, emerxencias e residentes.
Venres 8 de maio: Corte da avenida de Bos Aires (tramo rúa Silveira – rúa Iglesias Alvariño) desde as 19.00 h ata as 01.00 h. Ademais, na avenida Otero Pedrayo pecharase ás 18.00 h o treito comprendido entre as glorietas de Iglesias Alvariño e Villamil y Castro. O vial de servizo de Otero Pedrayo pecharase ás 20.00 h.
Sábado 9 de maio: Corte na avenida de Bos Aires (entre a rúa Silveira e a rúa Iglesias Alvariño) desde as 16.00 h ata as 01.00 h. Na avenida Otero Pedrayo o corte será ás 18.00 h entre as glorietas de Iglesias Alvariño e Villamil y Castro, e ás 20.00 h no vial de servizo.
Domingo 10 de maio: Desde as 11.00 h ata as 14.00 h haberá restrición parcial de tráfico na avenida de Bos Aires no tramo no que se desenvolverá unha exposición de vehículos clásicos (permitirase o paso a autobuses, emerxencias e residentes). Pola tarde, ás 16.00 h, producirase o corte total para a orquestra e atraccións.

