Free Porn
xbporn
Home Ourense As Festas de Ourense requirirán realizar cortes de tráfico na rúa do...

As Festas de Ourense requirirán realizar cortes de tráfico na rúa do Progreso (Alameda), Pardo de Cela e Parque Barbaña

- Anuncio -

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico para a celebración, desde pasado mañá, mércores, 19 até o domingo, 23 de xuño, das Festas de Ourense 2024. Ademais do Centro Histórico, onde estará o mercado medieval, as actividades programadas requirirán levar a cabo diferentes restricións de tráfico, que afectarán principalmente á contorna do Parque do Barbaña, onde estarán as barracas; a rúa do Progreso na contorna da Alameda, onde se levarán a cabo o pregón, actuacións de orquestras e do grupo Celtas Cortos, e rúa Pardo de Cela, onde se realizará  a Festa de Fin de Curso e a actuación do Combo Dominicano.

Mércores, 19, a domingo, 23 de xuño

Pecharase o acceso de vehículos ao Paseo Ponte Pedriña desde as rúas Portocarreiro e Fonte do Bispo, pola instalación das barracas festivas. Poderase acceder aos garaxes desde Avilés de Taramancos-Pardo de Cela.

Mércores, 19 de xuño.

Ás 15.30h, pecharase ao tráfico a rúa do Progreso desde a glorieta de San Rosendo até a baixada á Praza de Abastos para montar o escenario do pregón das festas, á altura da Alameda. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir por Parada Justel até as 19.00 horas

Xoves, 20 de xuño.

Ás 16.00h, pecharase a rúa do Progreso desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos para montar o escenario da orquestra Costa Verde. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Poderase subir pola rúa Parada Justel até as 19.00h.

Venres, 21 de xuño.

Ás 12.00h, pecharase a rúa do Progreso entre a glorieta de San Rosendo e a Baixada da Praza de Abastos para montar o escenario do concerto de Celtas Cortos. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir pola rúa Parada Justel até as 20.00h.

Ás 15.00h, pecharase a rúa Pardo de Cela, desde Avilés de Taramancos até a Praza de Concepción Arenal, para montar o escenario da Festa de Fin de Curso – Macro Discoteca Evolution.

Sábado, 22 de xuño.

Ás 14.00h, pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos, para montar o escenario da orquestra Função Pública. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación Permitirase subir pola rúa Parada Justel até as 19.00h.

Ás 18.00h pecharase a rúa Pardo de Cela, desde Avilés de Taramancos até a Praza de Concepción Arenal, para montar o escenario da orquestra Combo Dominicano

Domingo, 23 de xuño.

Ás 14.00 h pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos para montar o escenario da orquestra París de Noia. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir por Parada Justel até as 19.00h.

Outros:

– A parada de taxis da Alameda situarase provisionalmente na rúa Parada Justel durante os días de festa

– Desde o primeiro até o segundo corte de tráfico na zona da Alameda, é dicir, mentres se poida subir por Parada Justel, a parada de autobús da Alameda en sentido centro cidade estará provisionalmente fronte ao Bispado.

– Nas prazas e vías do centro histórico estará o mercado medieval.

– Á rúa Ponte Pedriña só se poderá acceder pola rúa Avilés de Taramancos até o cambio de sentido.

Relacionadas

A Deputación colaborará co Consello da Cultura Galega na edición do segundo volume da...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe un encontro de traballo no Pazo Provincial coa presidenta e co xerente do Consello...

Luis Menor recibe no Pazo Provincial ao equipo Sincro Ourense, campións nacionais en categoría...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo asesor de Deportes da institución, Quique Álvarez, recibiron esta mañá no Pazo Provincial a...

O presidente da Deputación recibe no Pazo Provincial ao Club Ximnasia Burgas, campións nacionais...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo director da área de Deportes da Deputación e polo asesor de Deportes, Marcos Vázquez...

A Coorporación municipal garda un minuto de silencio para condenar os asasinatos machistas desta...

0
Con motivo do tráxico balance que a violencia de xénero deixou esta fin de semana e como mostra de apoio e solidariedade coas familias...

Luis Menor pide o apoio de compromisarios e militancia para fortalecer o ideario do...

0
·       Agradeceu “a imaxe de mobilización do partido” á que contribúen coa súa presenza os 695 compromisarios e 1.500 invitados que se dan cita esta...

Concello e Incibe fomentarán a ciberseguridade cunha actividade divulgativa a semana próxima no Parque...

0
Experiencia PassVRord pretende informar o público de cales son as principais amenazas dixitais cotiás e como protexerse delas Libre e gratuíta, está dirixida a público en...

Publicacións Relacionadas